![]() |
|
A PRÓXIMA
ESTACIÓN PISCÍCOLA CONTARÁ CUN TOTAL DE 128 XORNADAS
TROITEIRAS
|
|
|
A redución da talla, unha das principais novidades |
por Merchy Brea |
|
Logo dos acordos tomados polo Comité Galego de Pesca Fluvial na última sesión celebrada, a vindeira temporada de pesca fluvial contará con 128 xornadas hábiles para especie máis emblemática das nosas augas, a troita; 78 para pesca do salmón, agás no río Eo, onde contará con 18 xornadas máis; e 81 para pesca do reo. En canto as demáis especies pescables a campaña irá do 19 de marzo o 15 de agosto. |
|
|
Vexamos a cousa por especies: |
|
Pasando coa troita, o seu período hábil de pesca será
con carácter xeral, o comprendido entre o 19 de marzo, festividade
de San Xosé, e o 15 de agosto, día da Ascensión.
No río Navia poderase pescar do 26 de marzo ao 15 de agosto. Mentras
nos coutos salmoneiros a pesca desta especie poderase exercer do 1 de
maio o 15 de agosto. Mantense o luns como día inhábil (agás
que coincida en festivo de carácter nacional ou autonómico,
e o xoves, nos ríos repartidos con Asturias. Para a troita establecese
un máximo de 10 exemplares por xornada e cana. Mentras a talla
mínima quedou fixada en 17 centímetros nos tramos altos
dos ríos; en 19 centímetros nos tramos medios e en 21 centímetros
nos tramos baixos dos cauces fluviais. Para o reo as dimensións
mínimas concretaronse en 30 centímetros e o máximo
de pezas por día e pescador queda limitado a cinco exemplares. |
| BOAS SENSACIÓNS Entre outros acordos, a Consellería de Medio Ambiente, a traveso do seu Director Xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, asumiu o compromiso da posta en marcha dun plan técnico de ordenación piscícola que garanta as poblacións, do cumprimento da normativa sinalada cada ano na orde xeral de vedas, da corrección dos impactos ambientais. da suspensión das concesións de minicentrais. da vixiancia dos caudais ecolóxicos e da actividade piscícola, da mellora da calidade ambiental, da construcción de depuradoras en todalas poblacións, da creación de departamentos especificos para pesca, etc. etc. |
| Unhas "promesas" que fan concebir certas
esperanzas o colectivo, encanto a solucionar certos temas. Agora o que fai
falla é que a cousa non se quede nunha simple declaración
de intencións e polo tanto que axiña comecemos a ver realidades.
En calqueira caso, as sensacións son boas. |
![]() |
| PERMISOS
E falando da vindeira temporada de pesca, este ano foron presentadas nas diferentes xefaturas provinciais de Medio Ambiente con vistas a exercer o deporte da cana e a sedela, un total de 975 solicitudes de salmón e 1.671 para pesca-la troita. A provincia con más demanda salmoneira e troiteira foi a de Lugo, cun total de 793 solicitudes de troita e 582 de salmón. A de menos, a de Ourense, con 136 de troita e 24 de salmón. Mentras A Coruña sumaba 480 (404 de troita e 76 salmón) e Pontevedra, 631 (338 de troita e 293 de salmón). Este sorteo vense facendo desde fai anos debido a gran demanda que teñen os coutos salmoneiros e algúns troiteiros, sobre todo aqueles que gozan de máis fama, principalmente nos primeiros meses da campaña. |