![]() |
|
X FESTA DA TROITA
DE OROSO
|
|
|
Fenomenal ambiente no Tambre o pasado 7 de maio |
por Merchy Brea |
|
Organizada maxistralmente polo Concello de Oroso e tendo como esceario o río Tambre ao seu paso pola capital municipal, Sigüeiro, o domingo 7 do pasado mes de maio celebrouse a X Festa da Troita, da que foi pregoeiro o conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez. A cita acudiron varios milleiros de persoas que degustaron con verdeiro pracer as troitas que a organización dispuxo para súa cata. |
|
|
Mentres, no plano competitivo foron un total de 39 os
canistas que tomaron parte no Concurso Troiteiro que comezou nas primeiras
horas da mañá para rematar ao mediodía. Cinco horas
de exercizo nas que se capturaron máis de 200 exemplares, aínda
que só 110 deron a talla mínima regulada para poder metelas
no cesto. En total pesaron 16, 895 kilogramos, e a de maior peso deu na
báscula 320 gramos, sendo pescada por Xosé Couso Cebey.
|
|
En calquera caso, o mellor de todos foi un parroquiano, Xoan Xosé Carlos Mirás Rico, con 8 troitas e 1.470 puntos. 2º e subcampión, Xosé Antonio Vilaseco, tamén coas mesmas pezas pero que deron 120 gramos menos na balanza. O terceiro posto ocupariao outro coñecido, Migel Anxo Castro Maroño. |
|
Houbo outros moitos premios, así o correspondente o mellor clasificado de Oroso levouno Xoan Xosé Carlos Mirás (campión). O do concursante máis novo foi para Xoán Carlos Castro Maroño. O referente a mellor concursante no apartado de mulleres logrouno Mercedes Gacio Vicente. Mentres, na categoría infantil sobresaiu con unha captura e 150 puntos o rapaz Xoán Suárez Iglesias, seguíndolle en méritos, tamén cunha troita e 90 puntos, Rubén Iglesias Castañón. |
|
|